ConcellosEn portadaTrivesÚltima horaVídeos

Un animado xantar popular abre os actos da 51ª Festa da Bica de Trives

 

Un xantar popular, unha andaina a Manzaneda e o concerto de Ninghures. Son os actos cos que o Concello da Pobra de Trives celebra a 51ª edición da Festa da Bica, o produto gastronómico por excelencia nesta zona.

 

 

O primeiro tiña lugar no mediodía deste sábado 27 de xullo no patio do CEIP M. Bermúdez Couso onde se daban cita máis dun cento de persoas en torno a un menú a base de empanada de cachena, becerro ao espeto e bica. Entre os asistentes, veciños de Trives e da contorna, alcaldes e outros representantes políticos que acompañaron á alcaldesa, Patricia Domínguez Barja e o seu equipo de goberno.

 

 

O xantar, servido por Mantesil, estivo amenizado por membros de Son do Sil e pola charanga CLK do Carballiño. Na sobremesa, a música correu a cargo do Dj Juan.

 

 

O concerto de Ninghures, está programado para esta noite a partir das 22 horas na rúa San Martín; e mañá,  domingo 28 de xullo, terá lugar a andaina de subida a Manzaneda, que arrancará ás 8:30 horas dende a praza do Concello. O percorrido terá unha distancia aproximada de 15 quilómetros e un desnivel de 867 metros.

 

 

Fotos e vídeo: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button