ConcellosO BoloÚltima hora

Un ano máis sen Ruta dos Fornos de Celavente (O Bolo)

A directiva da asociación decidía suspender tamén este ano a celebración que se ía celebrar o sábado 30 de abril

Publicidade
Asistentes á última edición da Ruta dos Fornos de Celavente./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Entre finais de abril e comezos de maio (nesta ocasións sería o sábado 30 de abril), se viña celebrando dende hai máis dunha década a Ruta dos Fornos de Celavente. Un percorrido turístico-gastronómico polos fornos e fontes desta localidade bolesa cuxa XIII edición quedaba en suspenso no 2020 debido á crise sanitaria e que tampouco se celebrará este ano.

Así o veñen de anunciar dende a organización, indicando que a directiva da asociación “decidiu suspender este ano a celebración da Ruta dos Fornos”. Aseguran que aínda que é certo que a situación é mellor que hai algúns meses, “continua habendo un importante número de contaxios” e nun evento que conta con tantos asistentes como este (na  última edición xuntáronse 700 persoas), e no que adoita haber varios puntos onde se producen importantes aglomeracións, coma nos dous primeiros fornos e na praza onde se celebra o fin de festa; “o perigo de que puidese haber un brote levounos, moi ao noso pesar, a tomar a decisión de suspender a súa celebración tamén neste 2022”.

Conscientes de que nun pobo e nun concello como Celavente e O Bolo, onde a media de idade é tan elevada, “era asumir un risco sanitario demasiado importante”, emprazan á xente ao o sábado 29 de abril de 2023, “para celebrar a XIII Ruta dos Fornos de Celavente”.

 

Artigos relacionados

Back to top button