ConcellosO BarcoÚltima hora

Un aviso de incendio nun inmoble da rúa O Chao (O Barco) mobiliza aos equipos de emerxencias

 

Ás 16:41h. desta tarde o 112 Galicia recibía un aviso por incendio nun inmoble situado na rúa O Chao do Barco, unha zona moi próxima a un centro escolar. Ata o lugar desprazábanse de inmediato os membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras, a Policía Local do Barco, os bombeiros do parque comarcal e a Garda Civil.

Segundo as primeiras informacións, tratábase dun incendio nunha cheminea do inmoble que soamente causou algúns danos materiais.

 

Artigos relacionados

Back to top button