OurenseÚltima hora

Un “Camiño de Historias”, no concello de Trasmiras

Esta iniciativa trata de recuperar a historia das peregrinacións a Compostela por medio da fotografía e das testemuñas dos primeiros aventureiros para comparalas coas dos peregrinos actuais

 

A partir deste luns 20 de setembro e durante varios días, a Asociación Galega Cultura e Desenvolvemento Rural, estará no Concello de Trasmiras, Ourense, recollendo as testemuñas dos peregrinos e peregrinas que están a facer o Camiño Vía da Prata. “Un Camiño de Historias” é unha iniciativa que trata de recuperar a historia das peregrinacións a Santiago de Compostela por medio da fotografía e das testemuñas dos primeiros aventureiros e aventureiras, expertos do camiño, para comparalas coa visión das peregrinas e peregrinos, e poboación local actuais.

“Nesta segunda edición queremos ampliar o alcance do proxecto, aproveitando o know how adquirido na primeira fase, para investigar o impacto social, cultural e económico dos Camiños de Santiago no rural galego, recollendo as testemuñas da poboación local e peregrina e favorecendo o diálogo e o intercambio entre ambas. Con este diálogo analizamos as necesidades actuais e promovemos a reflexión crítica e a sensibilización sobre as novas opcións de desenvolvemento económico que propician as rutas de peregrinación no rural galego”, explican os seus promotores.

Este proxecto promovido pola Asociación Galega de Cultura e Desenvolvemento Rural, e financiado pola Axencia Galega de Turismo dentro do programa de axudas para a dinamización do Xacobeo 2021 para os anos 2019 a 2021.

Artigos relacionados

Back to top button