CulturaCulturaÚltima hora

O periodista Cristóbal Ramírez falará en Monterrei sobre “a mal chamada Vía da Prata”

O ciclo de conferencias da UNED sobre esta ruta de peregrinación chega a terras ourensás procedente de Alcañices, Bragança e Vinhais

 

Mañá, mércores 26 de marzo, a UNED celebrará a súa cuarta conferencia do Ciclo que sobre a Vía da Prata organizaron os seus centros universitarios de Zamora e Ourense.

Se a primeira conferencia tiña lugar en Alcañices (Zamora), celebrándose a segunda en Bragança e a terceira en Vinhais, ambos os municipios portugueses, agora o ciclo entra en terras ourensás e así, a nova conferencia terá lugar, ás 19 horas, no salón do Parador de Turismo de Monterrei, un dos complexos monumentais máis espectaculares da provincia.

O relator será Cristóbal Ramírez Gómez, natural de Ferrol, ex profesor da Universidade da Coruña e presidente da Asociación de Xornalistas do Camiño de Santiago desde 1993 ata 2013, quen falará sobre “Que facer coa mal chamada Vía da Prata”, un título provocativo para unha tarde en Monterrei.

Artigos relacionados

Back to top button