
“Camiño de superación” é o título do pograma de actividades que está a impulsar a Asociación Española Contra o Cancro de Ourense (AECC) e que pretende desenvolver “unha serie de accións no marco do Camiño de Santiago para contribuír á paulatina recuperación psicosocial e da saúde de persoas que están no proceso de superar a enfermidade, á vez que transmitimos á sociedade unha visión esperanzadora na que grazas aos progresos na ciencia, a prevención e os coidados, cada vez hai un maior número de persoas vencen a enfermidade”, tal e como se sinalaba no acto de presentación desta iniciativa, cofinanciada pola Xunta de Galicia, dentro do programa “O teu Xacobeo”.
A presentación do proxecto tiña lugar o 30 de outubro en Ourense e contaba coa presenza da presidenta da AECC Ourense, Dora Gómez e a traballadora social da asociación, Rocio Taboada; ademais de Xulio López, representante da empresa Aventeira Cooperativa Galega Xuvenil, encargada da asistencia técnica do proxecto, e da delegada provincial da Xunta, Marisol Díaz.
O primeiro dos proxectos deste programa desenvolverase pola ruta portuguesa entre A Garda e Santiago de Compostela, do 5 ao 7 de novembro e consistirá en camiñadas e actividades socioculturais. As iniciativas incluídas neste ambicioso programa abranguen un total de cinco áreas: o ámbito artístico, patrimonio-historia-pensamento-espiritualidade, gastronomía, ámbito deportivo e ámbito social.
Un programa que integra 3 proxectos
Este programa consta de 3 proxectos que establecen unha estratexia de intervención conxunta e implican a realización de 3 itinerarios por distintas rutas xacobeas.
Camiño a superación. Unha ruta ao alcance de todas e todos.
-
- Itinerario: Camiño Portugués
- Datas: Do 5 ao 7 de novembro de 2019
- Prazas: 48
- Características especiais: Para persoas que aínda están nun proceso medio de recuperación, polo tanto as etapas serán pouco esixentes e combinarán treitos camiñando e outros en autobús.
Camiño a superación. Contaxiando ánimo.
-
- Itinerario: Vía da Prata
- Datas: Do 15 ao 20 de abril de 2020
- Prazas: 30
- Características especiais: Para persoas en avanzado proceso de recuperación e desenvolvendo etapas de xeito clásico, integramente camiñando
Camiño a superación. Exportando optimismoItinerario: Camiño Francés
- Datas: Do 25 ao 31 de marzo de 2020
- Prazas: 25
- Características especiais: Para persoas en avanzado proceso de recuperación e desenvolvendo etapas de xeito clásico, integramente camiñando pero con participantes de todas as CC.AA. Portugal e Italia.