En portadaÚltima hora

Un camión con palés de madeira sáese da estrada na N-536 preto de Coedo (O Barco)

 

Arredor das 11:15h. deste martes 15 de setembro producíase un accidente de tráfico na estrada N-536, nunha curva antes de Coedo (O Barco), dirección Sobradelo. Un camión que transportaba palés de madeira saíase da estrada.

Ao parecer, o camión ía cruzarse con outro vehículo nese punto da vía, que é estreita, e ao arrimarse enganchábase coa bionda da marxe dereita, o que provocou que se saíase da estrada e quedase pola parte de arriba.

Ata o lugar desprazábanse de inmediato o GES Valdeorras, os servizos de emerxencia sanitarios e a Garda Civil de Tráfico. O condutor do vehículo era trasladado en ambulancia para recibir atención sanitaria.

 

Artigos relacionados

Back to top button