CarballedaConcellosÚltima horaVídeos

Un carrusel, entre as sorprendentes propostas infantís das festas da Virxe da Encarnación, en Sobradelo

As festas patronais estenderanse do 15 ao 17 de abril e incluirán cultos, festa infantil e moita música

Carrusel instalado no pavillón deportivo de Sobradelo.

 

Como unha benvida á primavera e a alegría do rexurdir tralos meses de inverno, se viven cada ano as festas patronais de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) na honra á Virxe da Encarnación, que esperta gran devoción entre os veciños e que se estenderán do 15 ao 17 de abril.

Tal como avanza a alcaldesa, Mª Carmen González Quintela, o programa arrancará o sábado día 15 coa actuación durante a mañá a cargo da Asociación Musical Airiños de Caldelas. Ese día a actuación estelar correrá a cargo da orquestra Gran Parada que actuará en sesión de tarde e terbena. Para o domingo día 16 está previsto o pasarrúas da charanga Bicoia que amenizará tamén a sesión vermú antes do xantar festivo. Pola tarde a orquestra Cinema será a encargada de amenizar o baile en sesión de tarde e tamén verbena. O domingo será tamén o día dos fogos artiticiais de gran tradición nestas datas en Sobradelo, previstos para as 22:30 horas.

 

Procesión coa imaxe da Virxe da Encarnación./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Así chegamos ao luns 17 de abril, día grande das festas, coa actuación da Asociación Cultural Castro Vello que tamén acompañará á comitiva durante a procesión coa imaxe da Virxe da Encarnación que será ás 12:30 horas seguida da misa. A continuación, Castro Vello amenizará tamén a sesión vermú. O baile nesta xornada especial correrá a cargo da orquestra Ritmo Joven que, a diferencia do resto de días, fará unha sesión de tarde longa (ata as 23 horas aproximadamente), sen verbena.

Ademais dos cultos e do apartado musical, durante os tres días a festa infantil trasládase ao pavillón municipal de Sobradelo con “actividades espectaculares”, di a alcaldesa, explicando que todos os anos enchen o pavillón de colchonetas e inchábeis pero este ano apostan por unha serie de actividades que se desenvolverán en horario de tarde “para que os nenos e adolescentes poidan desfrutar dun xeito especial”. A festa incluirá moitas sorpresas para o público infantil que sempre ocupa un lugar especial na programación das festas patronais de Sobradelo, entre elas un carrusel que xa está instalado, tal como pode comprobarse no vídeo. “É un adianto da actividade infantil pero hai moitas máis cousas para montar”, asegura Mª Carmen González, entre elas varias colchonetas e inchábeis.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

https://youtube.com/shorts/DU1Y86ZjC2c?feature=share

 

 

Artigos relacionados

Back to top button