OurenseÚltima hora

Un cativo de Xinzo gaña o concurso de deseño da camiseta oficial de Galiciencia 2023

O gañador do concurso, Manuel Ángel Díaz Rodríguez.

 

Galiciencia a feira científica promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- desde o ano 2006, busca achegar a ciencia á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato e esta 18ª edición celebrarase no mes de maio.

Ademais do concurso de proxectos, convocouse o xa habitual concurso de deseño da camiseta oficial de Galiciencia 2023. Este certame ía dirixido a todo o alumnado de Primaria dos centros educativos de Galicia. As propostas debían ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada coa temática desta edición da feira, “Aeronáutica e Aeroespacial”.

 

O debuxo gañador.

 

O gañador do concurso foi Manuel Ángel Díaz Rodríguez, alumno de 6º de Primaria do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, cun debuxo que amosa a un astronauta pensativo, sentado sobre a Lúa. Un xurado de expertos decidiu a proposta gañadora, da que se valorou a súa orixinalidade e a conexión coa temática desta edición da feira.

Ao certame presentáronse un total de 352 debuxos procedentes de 23 centros educativos de Primaria de toda Galicia, incrementándose cada ano o número de alumnos e centros participantes neste certame. O rapaz premiado recibirá camisetas para toda a súa clase, con exemplares tamén para os seus profesores e familiares. Así mesmo, distribuiranse camisetas entre o persoal da organización de Galiciencia e entre o alumnado que presente os seus proxectos na feira.

Artigos relacionados

Back to top button