O 128 aniversario do escritor ourensán Ramón Otero Pedrayo celebrábase dun xeito moi especial na Casa Grande de Cima de Vila en Trasalba. Máis de alumnos do CPR Concepción Arenal de Ourense sopraban alí as candeas deste cumpreanos na mañá do 4 de marzo. A iniciativa foi promovida pola profesora Fe Mosquera e nela participaron os estudantes de 4º da ESO do citado centro. Esta docente, tal e como destacan dende a Fundación Otero Pedrayo, “é digna sucesora de todas aquelas profesoras e profesores que curso tras curso se esforzan en compartir cos seus alumnos o gusto polas letras galegas”.
Asemade dende esta entidade incidíase na importancia desta visita do CPR Concepción Arenal “pois foi unha profesora deste centro, Teres Cortón, quen hai máis de 40 anos, cando inda vivía don Ramón comezou a subir grupos de escolares á casa do escritor para que pasasen con el unhas horas no día do seu aniversario e coñecesen un espazo que tanta relevancia literaria ten para a literatura galega. A actividade tivo unha extraordinaria acollida entre o os seus compañeiros de primeiro, segundo e terceiro que participaron activamente nos xogos. Visitaron a casa e pasearon polos arredores”.
Fotos: Fundación Otero Pedrayo.