En portadaÚltima horaVídeos

Un cento de corredores retan á montaña no trail do IX GPM A Rúa

 

Na mañá deste domingo 1 de xuño a praza Enriqueta Casanova de Fontei acollía a saída da IX edición do Gran Premio de Montala A Rúa no que participaban un cento de corredores chegados de clubs de diferentes puntos de Galicia.

 

 

Organizado polo club Atletismo Rúa, os primeiros en saír, en torno ás nove da mañá, eran os participantes no trail longo que tiña por diante uns 24 km pola montaña ruesa pasando polas fermosas e empinadas paraxes de Fontei ou San Xulián.

 

 

Media hora despois facíano os do trail curto, cun percorrido de 17 km. A entrega de premios está prevista para entre as 14 e as 14:30 horas no pavillón municipal da Rúa, onde están as duchas para os participantes e onde terá tamén lugar o xantar.

 

 

Fotos de vídeos: Mónica G. Bellver.

 

 

Máis información e fotos:

IX Gran Premio de Montaña A Rúa, un duro e fermoso desafío en imaxes

Artigos relacionados

Back to top button