En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Un cento de participantes no 3º Gran Premio de Montaña da Rúa

A proba atlética, disputada na mañá do 7 de outubro, incluía dous trais (de 33,2 e 15 km) e unha andaina

Vilela, San Xulián, o Miradoiro do Barranco Rubio ou Roblido, atravesando zonas de monte e viñedos, son algúns dos puntos polos que pasaban, na mañá do 7 de outubro, os participantes no trail longo do 3º Gran Premio de Montaña da Rúa.

Os 22 corredores nesa modalidade, de 33,2 quilómetros de percorrido e 4.000 metros de desnivel, eran os primeiros en saír, en torno ás nove e cuarto da maña, dende a praza da Aira en Vilela, punto de partida e meta. Entre eles, xente de gran nivel chegada dende Vigo, A Peroxa (Ourense), León e tamén Valdeorras (incluso había un portugués e un francés, tal como explican dende a organización).

De seguido tocáballe o turno á andaina na que participaron 47 persoas que percorreron os 15 quilómetros estipulados. Os mesmos do trail curto no que participaron 32 persoas, que saían pasadas as dez da mañá.

O Gran Premio de Montaña está organizado polo Club Atletismo Rúa coa colaboración de moitas empresas, así como de Protección Civil, do Concello da Rúa e da Ruta do Viño de Valdeorras. Ao final da carreira e trala entrega de premios, haberá un sorteo e xantar para os participantes.

Proximamente publicaranse os resultados.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button