En portadaÚltima horaVídeos

Un cento de persoas asiste á I Festa do Caldo Ilustrado, no Casino do Barco

 

Segundo Aurelio Blanco Trincado, presidente do IEV e promotor da Festa do Caldo Ilustrado, este “é un dos pratos galegos máis coñecidos pero tamén máis esquecidos”, que quitou moita fame e hoxe foi o protagonista dunha das actividades organizada de forma conxunta coa Asociación Casino do Barco.

No mediodía deste sábado 14 de xaneiro e tal como estaba previsto, un cento de persoas asistían, no segundo andar do Casino barquense ,a esta cita gastronómica de exaltación do caldo valdeorrés. Entre os asistentes, estaban o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén e o alcalde da Rúa, Alvaro Fernández en representación da Deputación de Ourense, así como boa parte da corporación municipal barquense co alcalde Alfredo García á cabeza. Entre os asistentes tamén estaba o alcalde de Vilamartín Enrique Álvarez acompañado por Ciprián Rivas, director xeral de Ordenación e Promoción Turística de Canarias que veu a Valdeorras para avancar no irmanamento de San Sebastián de la Gomera e Vilamartín de Valdeorras cuxo nexo de unión é o Abade Antonio José Ruíz de Padrón.

 

Os presidentes do Casino e do IEV, Pablo Dobao e Aurelio Blanco.

 

Sobre este personaxe, clave en temas como a disolución da Inquisición, sobre o caldo e tamén sobre outros pratos valdeorreses como o botelo, falou o propio Aurelio Blanco Trincado, pregoeiro desta I edición da Festa do Caldo Ilustrado, antes de dar comezo ao xantar (elaborado por Otilia) consistente en caldo, cocido, leite fritida e torta de roxóns, ademais de viño, café e licores.

O apartado musical correu por parte do cantautor valdeorrés Sito que interpretou temas galegos entre os que non faltou algún poema de Florencio Delgado Gurriarán “aproveitando que o 2022 foi o ano de Florencio”, dixo o presidente do Casino, Pablo Dobao.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button