OurenseÚltima hora

Un cento de persoas con diabetes inician hoxe o Camiño pola Vía da Prata en compañía de médicos e persoal de Enfermaría

Saída dos participantes na iniciativa “Haciendo Camino” na Ponte Romana de Ourense.

 

O presidente provincial, Luis Menor, xunto ao deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, acompañaron a un cento de persoas con diabetes, familiares, médicos e profesionais de Enfermaría que partiron esta mañá desde Ourense para percorrer os últimos 100 quilómetros da Vía da Prata do Camiño de Santiago. A iniciativa, posta en marcha pola Fundación para la Salud de Novo Nordisk España (FSNN) e a Federación Española de Diabetes (FEDE), ten por obxectivo educar ás persoas con diabetes e sensibilizar ao resto da poboación sobre a importancia de abandonar o sedentarismo, promovendo a actividade física e unha alimentación equilibrada.

Menor felicitou aos participantes polo seu empeño e esforzo, e manifestoulles que non só alcanzarán a merecida “Compostela” tras percorrer “un dos camiños xacobeos máis fermosos, senón que lograredes algo importantísimo: educar ás persoas con diabetes e sensibilizar ao resto da poboación sobre a importancia de abandonar o sedentarismo, promovendo a actividade física e unha alimentación equilibrada”.

“Grazas a este proxecto que hoxe iniciades, as persoas con diabetes participantes teredes a oportunidade de visibilizar esta enfermidade e concienciar sobre a importancia da súa prevención e tratamento”, sinalou Menor, quen salientou que estas persoas estarán acompañadas por 5 profesionais sanitarios e 7 monitores.

Artigos relacionados

Back to top button