EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Un cento de persoas desfrutan da cea-maridaxe das I Xornadas de Valdeorras na Coruña

Superábase o aforo previsto e a organización avoga por repetir a experiencia en vindeiros anos

Pasada a media noite do xoves 17 o Valdeorrés Xosé Carlos Prada e o seu grupo Os Peteras daban a despedida aos cen asistentes á cea programada nas I Xornadas de Valdeorras na Coruña, unha vez superado o aforo previsto para atender no posible as demandas de reservas. Esta cea tiña lugar na Taberna O Secreto.

O menú maridado xa anunciado de empanada de maravallas con un godello D´Berna, o arroz Valdeorrés con androlla cun Avancia Cuveé de O Rosé e o cabrito asado preparado polo Chef do restaurante O Piquiño Marcos González cun Lagar do Cigur mencía barrica, foi comentado por Xurxo Rivas, destacando as características e idoneidade dos viños da D.O. Valdeorras con cada tipo de comida.

Todos os comentarios dos asistentes foron manifestamente tan positivos como sorprendentes, cumprido ampliamente o obxectivo de achegar aos coruñeses a inmensa riqueza que ten Valdeorras pola súa diversidade e singularidade, algo que mostra o valor da identidade das terras do Sureste galego tantas veces pouco recoñecido, incluso polos seus propios habitantes.

Avogouse por repetir a experiencia para anos próximos, según e intención da organización, e o alcalde do Barco Alfredo García animou a todos a visitar Valdeorras e coñecer de preto esta Galicia interior descoñecida por moitos e merecedora de ser vivida.

Texto e fotos: José Ángel Rodríguez Delgado.

Artigos relacionados

Back to top button