DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Un cento de personas, na V Andaina Solidaria da Cruz Vermella de Valdeorras

Ás 9:30h. do domingo 17 de xuño dábase a saída da V Andaina Solidaria da Cruz Vermella. O cento de participantes desta edición partían dende a sede desta entidade no Barco. A partir de aí realizaban un percorrido de 11,26 km moi similar ao da pasada edición e que os levaba por zonas barquenses como Éntoma e que pasaba por treitos do Camiño de Inverno a Santiago ou entre viñedos.

Ao longo do percorrido había puntos de avituallamento e, ao rematar, unha pinchada para os asistentes no mesmo punto da saída. Remataba así unha xornada que combinaba a solidariedade co deporte e a natureza.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button