OurenseÚltima hora

Un choque en Maceda deixa 2 persoas feridas, unha delas evacuada en helicóptero

 

Contra as catro desta tarde de 3 de febreiro producíase un accidente de tráfico en Maceda con dúas persoas feridas. Dous vehículos batían na OU-103, no lugar de Foncuberta, segundo informa o 112 Galicia, que recibía aviso dunha persoa que “centraba a atención sobre un dos feridos, que saíu despedido do vehículo. Con todo, matizou que estaba consciente”.

Con estes datos, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cuxo equipo desprazouse ao lugar dos feitos a bordo do helicópterpo medicalizado con base en Ourense.

De feito, un dos feridos foi evacuado na aeronave e o outro en ambulancia, pero ambos os dous ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button