ConcellosO BarcoÚltima hora

Un ciclista ten que ser atendido polos servizos sanitarios tras sufrir unha caída no Barco

 

Na tarde deste luns 17 de xuño producíase un accidente no concello do Barco de Valdeorras no que se vía implicado un ciclista.

Tal como explican dende o 112 Galicia, en torno ás 20:20 horas recibían a chamada dun particular “solicitando unha ambulancia para un mozo que caera da bicicleta e sangraba moito pola cabeza aínda que estaba consciente e mantíñase de pé”.

O suceso tiña lugar no K-45 da N 536 e dende o centro informaban a urxencias sanitarias, Policía Local do Barco, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros, Ges Valdeorras e Protección Civil. “Posteriormente o GES informaba de que a persoa quedaba sendo antendida polos sanitario tras comprobar que tiña dous cortes na cabeza”.

Artigos relacionados

Back to top button