OurenseÚltima hora

Un ciclo de obradoiros nos centros educativos para achegar a poesía galega á cativada de Ourense

Na actividade participarán 260 escolares e estará centrada na obra da Xeración Nós e Xela Arias

Inicio da actividade no CEIP As Mercedes.

 

Na mañá deste xoves 11 de marzo poñíase en marcha a actividade “Os nosos versos”, coa que a Concellería de Educación do Concello de Ourense lle achega a poesía ao alumnado de 4º curso de Educación Primaria dos centros educativos da cidade. O concelleiro Armando Ojea asistiu á primeira das sesións, que tiña lugar no CEIP As Mercedes. Dende hoxe ata o 18 de marzo, participarán nesta actividade 268 alumnas e alumnos e 8 docentes de 8 colexios.

“Os nosos versos” consiste na realización de obradoiros dunha hora de duración, na que o alumnado traballa sobre a obra de distintos poetas da Xeración Nós e a de Xela Arias, a quen está dirixido este ano o Día das Letras Galegas.

 

Outro momento do obradoiro de poesía.

 

Os obxectivos desta actividade son “que nenos e nenas recoñezan a importancia da nosa lingua, e a calidade dos seus e das súas poetas, así como potenciar o coñecemento da nosa cultura a través dun lecer baseado no contacto entre iguais, fomentar a lectura da poesía entre a rapazada desde idades temperás, e contribuír a que o alumnado perda o medo a recitar en público e aprenda a desenvolver a súa imaxinación, aseguran dende o Concello.

O ciclo forma parte do programa de Animación á Lectura, con motivo do día Internacional da Poesía, que se celebrará o día 21 de marzo.

Artigos relacionados

Back to top button