
Un vehículo chocaba na noite do 10 ao 11 de outubro contra un dos semáforos da Avenida Conde Fenosa do Barco, moi preto do Hospital Comarcal Valdeorras. O accidente producíase ao redor das catro da madrugada. Ao final todo quedou nun susto para a condutora. O vehículo, un Seat Córdoba, foi retirado pouco despois por unha grúa.
