No mediodía deste martes 24 de setembro producíase unha saída de vía na N-120 ao seu paso polo concello lucense de Quiroga.
Tal como informaba un particular ao 112 Galicia, en torno ás 13:30 horas o coche implicado saíase da estrada resultando envorcado tralo impacto co quitamedos no PK 504 aproximadamente, en Quinta de Lor. Segundo os informantes “o condutor saíu do vehículo polo seu propio pé, polo que non resultou ferido de gravidade”.
Dende o 112 informaban aos servizos sanitarios, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil, Policía Local, GES de Quiroga e Bombeiros de Monforte.