CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Un concerto de Abril substitúe á obra prevista este venres no Teatro Lauro Olmo do Barco

Tivo que ser aplazada por motivos persoais de parte do equipo de Galeatro Producción

Exterior do Teatro Lauro Olmo do Barco./ Foto: A.R.

 

A función teatral prevista para este venres, 27 de outubro no Teatro Lauro Olmo do Barco, (‘Arte sen guión’ de Galeatro Produccións), “tivo que ser aplazada por motivos persoais de parte do equipo artístico”, segundo informa o Concello do Barco, indicando ademais que esta función será reprogramada proximamente, pero, “para non deixar sen actividade no Teatro Lauro Olmo este venres, programouse a actuación do grupo musical “Abril”, á mesma hora (21,00 horas)”.

Este grupo está formado por Claudia Abril, Marina Carpente e Antón Lago, que achegan unha proposta con melodias de raíz galega e ibérica adaptadas, con personalidade e frescor, a sons atuais. O trío Abril formouse no ano 2022, froito da ilusión de traballar arredor da música tradicional e ese mesmo ano gañan o Premio Interritmos co que gravan o seu segundo tema nos Estudios Mans. Á súa calidade foi de novo recoñecida neste ano 2023, no que foron finalistas nos Premios Martín Códax na categoría folk.

 

 

Estes últimos meses, Abril tocou en festivais como o TradFest, o Festival da Luz e o Canteira Fest. Actualmente están centrados no seu primeiro traballo discográfico co co-produtor Zalo Rodríguez.

O grupo está formado por Claudia Abril, voz e pandeireta; Marina Carpente, violín folk; e Antón Lago, baixo eléctrico e voz.

 

Artigos relacionados

Back to top button