SanidadeÚltima hora

Un convenio coa Fundación Dorzán facilita a volta a casa e autonomía dos maiores xa dende o hospital

“Preparando a volta a casa” permite dar apoio aos pacientes ingresados, contribuíndo a súa recuperación e autonomía para facilitar a súa volta a casa

 

O Hospital Universitario de Ourense afonda na súa colaboración coa Fundación Dorzán, mediante unha iniciativa de coordinación sociosanitaria que permite establecer unha rede de apoio aos pacientes ingresados, contribuindo a súa recuperación e autonomía, para facilitar a súa volta a casa mantendo a súa independencia e habilidades da vida diaria.

O convenio “Preparando a volta a casa”, que vén de renovarse por un período de catro anos, é un dos tres que neste momento a Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras mantén coa Fundación Dorzan, desde a sinatura, en 2011, dun acordo pioneiro que facilita, de xeito inmediato, unha praza nunha residencia, aos pacientes que tras a alta precisan dun apoio integral e non poden retornar á casa, permitíndolles acceder a unha residencia temporalmente ou mentres xestionan o seu ingreso nun centro sociosanitario.

Esta primeira iniciativa de coordinación, promovida polo Servizo de Traballo Social do Hospital Universitario de Ourense, marcou un fito no conxunto de hospitais, tanto da rede pública galega como estatal, e foi seguida despois por numerosos hospitais e fundacións sociosanitarias, contribuindo a dar unha resposta urxente a unha necesidade social, xerada pola falta de autonomía, tras un ingreso hospitalario e a carencia de recursos ou de rede social de apoio.

Pola súa parte “Preparando a volta” ten por obxectivo garantir, manter e, se é posible, mellorar a calidade de vida e autonomía das persoas maiores, xa no propio ingreso hospitalario, facilitandolles axuda para recuperarse. As coidadoras o visitan no hospital e fan o papel normalmente asignado á familia ou amigos, desde axudalos a camiñar, a animalos a realizar as pautas de autocoidado que indique o persoal sanitario.

Desde o hospital ata a Casa

Cando este apoio segue a ser preciso na casa, os pacientes –con falta de recursos ou de apoio social- poden acollerse a outro dos convenios vixentes coa Fundación Dorzán “Volta a casa”. Posto en marcha en 2015 e renovado a finais de 2021. Esta iniciativa fai posible contar cun coidador a domicilio de xeito temporal, ata recuperar a autonomía tras abandonar o hospital.

Esta axuda no fogar, subvencionada polo convenio, está prevista durante un mes prorrogable a dous, dando así seguridade durante os esenciais primeiros días na casa; ademais de promover a continuidade do plan de coidados e un maior benestar, co obxectivo de evitar a institucionalización e promover a independencia.

A renovación foi asinada polo xerente da Área Sanitaria provincial, Félix Rubial, e Secundino Vidal vicepresidente da Fundación Dorzán. A Fundación Dorzán é unha institución benéfico social que ten por obxecto a axuda e asistencia ao colectivo da terceira idade, co fin de mellorar a súa calidade de vida e benestar social. Dentro dás súas áreas de actuación está de contribuír e custear a atención e estancia dás persoas maiores, que por falta ou escaseza de recursos non poden acceder as prestacións dun centro sociosanitario.

Artigos relacionados

Back to top button