En portadaÚltima hora

Un deseño de Jorge De Álvarez, nos “Latin Grammy 2021” celebrados nas Vegas (USA), con Rozalén

O modisto vianés asegura que o seu obxectivo para o vindeiro ano é "vestir a Tanxugueiras para Eurovisión"

 

Jorge Álvarez, modisto e estilista vianés, leva anos demostrando que a moda non entende de xénero nin tampouco de xeografía, cuns deseños transgresores que igual triunfan no rural que na cidade, dende os desfiles na súa vila natal ata Madrid e agora tamén en Estados Unidos.

Nin máis nin menos que nas Vegas, na alfombra vermella dos Grammy Latinos 2021, pudo verse un dos seus deseños, na figura da cantante manchega Rozalén, cuxo estilista elixía un dos deseños de Jorge De Álvarez, un dúas pezas (pantalón e top) en cor verde de lunares e flocos  da colección Metamorfosis.

 

Rozalén co modelo de Jorge De Álvarez, nos Latin Grammy 2021.

 

“Entereime onte pola noite e a verdade é que estoy moi contento”, di Jorge, explicando que o contacto foi a través da axencia que lle lleva a marca (Jorde De Álvarez) en Madrid e que lle está dando moi bos resultados. De feito ten vestido xa a varios personaxes “pero claro, tan coñecidos como Rozalén non”, recoñece, adiantando que ten varios proxectos en marcha que sairán proximamente, e que o seu obxectivo de cara ao vindeiro ano é vestir ás cantareiras de moda, Tanxugueiras, cando se presenten as candidaturas a Eurovisión 2022 “é un soño”, di. Vestir para Eurovisión e “á Princesa ou á Raíña é un obxectivo, xa a longo prazo, pero pouco a pouco, de feito polo que me comenta o responsable da axencia, parece que a miña roupa está gustando moito en Madrid e Barcelona que é onde fan os showrooms así que aí estamos”, conclúe.

 

Rozalén coa cantante María Toledo na alfombra vermella.

 

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button