En portada

Un dos piares económicos do medio rural

O gando vacún de carne é un dos motores dos pobos da montaña ourensá, sendo Viana do Bolo o concello con máis explotacións da provincia
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Praderías e gando forman parte dende sempre da estampa dos concellos da montaña ourensá. Nas últimas décadas perdéronse moitas explotacións, pero tamén se reestruturou e profesionalizou o sector. Malia ás dificultades económicas actuais, coa suba de custes de produción e as desfeitas de xabaríns e lobos, a gandería segue constituíndo un motor económico no rural.

A ela estase a incorporar ademais xente nova que confía no seu potencial de futuro, o que redunda tamén na fixación de poboación nas aldeas. É ademais unha actividade respectuosa co medio ambiente e cun papel clave na recuperación e coidado dos montes da provincia, a meirande parte deles abandonados, e na posta en valor do territorio. Entre as principais ganderías ourensás está a de bovino, enfocado principalmente á produción de carne. Así do total de 25.425 vacas da provincia (datos do 2012 da Consellería do Medio Rural), 22.580 son de carne e concéntranse en boa medida na parte oriental da provincia.

Viana do Bolo é o concello ourensán con máis explotacións de vacún, un total de 140, mentres que Montederramo con 108 explotacións, suma a maior cabana bovina da provincia, con 2.722 cabezas.

Para coñecer de preto á realidade deste sector, dende estas páxinas propoñemos un percorrido por algunhas das súas explotacións. En todas coidan con mimo o gando e o seu traballo supón un freo ao abandono do rural. Detrás delas hai xente nova que aposta por producións de calidade e en extensivo. Son só sete exemplos, hai moitos máis.

Texto: Ángeles Rodríguez Foto: Carlos G. Hervella
(A reportaxe íntegra pode lerse na edición en papel do Periódico O Sil9.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button