CulturaCulturaEducaciónEntroido 2021Galerías de fotosÚltima hora

Un Entroido diferente e con medidas de seguridade pero cheo de ilusión no CEIP Julio Gurriarán do Barco

 

De xeito algo más comedido e diferente, cumprindo todas as normas anticovid, pero coas mesmas ganas e ilusión. Así celebraron a semana do Entroido no CEIP Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras.

Unha semana que comezaba coa decoración do colexio con globos, serpentinas, máscaras e os antifaces elaborados polos alumnos (actividade organizada pola ANPA Aturuxo), e continuaba coas Ordes do Meco: o martes, todos con algo no pescozo; o mércores todos con calcetíns distintos; o xoves, día do pixama.

E xa na mañá do venres, 12 de febreiro, tiña luga a festa de disfraces, que este ano tiña que ser “separados por clases, loxicamente… o Covid obriga”, aseguran dende o colexio.

 

 

Fotos: CEIP Julio Gurriarán.

Artigos relacionados

Back to top button