OurenseÚltima hora

Un establecemento do Grupo Cuevas recibe un dos premios do certame Comercio con talento

Aquí é foi proposto por Alba Brandín, alumna do curso superior de xestión de vendas e espazos comerciais do CIFP Portovello de Ourense
Entregando o premio aos responsables de Aquí é.

Os responsables do establecemento comercial Aquí é de Ourense, recibían na mañá do 3 de xullo, un dos premios do certame Comercio con talento, iniciativa coa que a Xunta pretende impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial entre o alumnado de formación profesional.

Para participar no concurso, o alumnado de ciclos formativos relacionados co comercio de toda Galicia estudou o comercio da súa comarca para, finalmente, seleccionar un negocio de acordo a criterios como o espazo físico, a xestión, o produto ou a atención ao cliente. Posteriormente, os participantes elaboraron un proxecto sobre o comercio elixido.

Un xurado especializado escolleu os nove comercios con máis talento de entre os propostos e fixo unha preselección de cinco para ser escollidos no Facebook do Portal do Comerciante, polo que un dos 10 premios decídese polo número de “me gusta” recibidos. Os autores dos 10 proxectos gañadores reciben como premio un iPad wifi 32GB.

No caso de Aquí é, foi proposto por Alba Brandín, alumna do curso superior de xestión de vendas e espazos comerciais do CIFP Portovello de Ourense. O establecemento é un supermercado pertencente ao Grupo Cuevas, fundado en 1867 e no seu traballo, Alba lembra que “Aquí é aposta polos produtos galegos e ten moita presenza das novas tecnoloxías, incorporando etiquetas dixitais cos prezos e contando con páxina web e redes sociais”. No proxecto tamén se destaca que contan cun menú do día cunha receita nunha pantalla táctil e todos os produtos necesarios para esa receita expostos para poder levalos. Ademais, teñen bolsas ecolóxicas e os carros da compra están feitos con botellas recicladas.

Artigos relacionados

Back to top button