CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Un fermoso mandala para conmemorar o Día da Paz no CEIP Condesa de Fenosa do Barco

 

Na mañá deste luns 30 de xaneiro o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras conmemoraban como cada ano o Día da Paz. Nesta ocasión facíano elaborando entre todos os alumnos un fermoso mandala, cantando e xogando a xogos cooperativos no patio.

 

 

Desde o centro explican que tamén houbo tempo para ver algunhas curtas de animación sobre a convivencia pacífica, así como para realizar murais e traballos.

 

 

Fotos: CEIP Condesa de Fenosa.

Artigos relacionados

Back to top button