Na xornada do luns 29 de abril un grupo de 106 persoas do concello de Laracha (A Coruña) co seu alcalde José Manuel López á cabeza, visitaba algúns dos lugares máis emblemáticos da comarca de Valdeorras nos municipios de Carballeda, O Barco, A Rua e O Bolo.
Da man de Soledad Figueroa, guía oficial de Galicia para a axencia B de Travel Band do Barco que foi a que xestionou a viaxe organizada polo Concello de Laracha, pola mañá estiveron coñecendo a zona de Sobradelo e o mundo da lousa e “despois demos un paseo polo Malecón do Barco e tamén visitaron a Adega Roandi. Xa pola tarde visitaron o Santuario das Ermidas no Bolo”, asegura Sole, guía tamén do Concello do Bolo.
Fotos cedidas.