EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Un grupo de alumnos do Instituto Galego do Viño visita a D.O. Valdeorras

 

Alumnado do XI Curso Superior de Sumiller Profesional, impartido polo Instituto Galego do Viño, está a realizar na xornada deste martes unha visita ao noso territorio amparado pola Denominación de Orixe Valdeorras co obxectivo de coñecer in situ o potencial enolóxico da zona.

Así, a comitiva desprazouse ata un predio con viñedos pertencentes á Adega Rafael Palacios, unha das máis emblemáticas da D.O. Valdeorras. Posteriormente, tras coñecer as instalacións de Terriña Adegas e Viñedos, en Petín, participarán durante a tarde nun túnel do viño en Vilamartín, na sede do consello regulador, unha experiencia que lles permitirá degustar unha ampla selección de referencias de brancos e tintos da comarca.

 

 

O presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Ramón Rodríguez Castellanos, asegura sobre a visita que “sempre é bo divulgar o potencial dos nosos viños entre diferentes tipos de público, pero especialmente entre aqueles de corte máis especializado que, sen dúbida, poden actuar como prescritores e altofalantes para dar a coñecer a calidade dos nosos produtos en todos os recunchos do país”.

Artigos relacionados

Back to top button