ConcellosÚltima hora

Un grupo de amigos fan o Camiño de Inverno en bicicleta

No mediodía do 6 de xuño chegaban ao Barco, onde facían unha paradiña

 

Nestes días un grupo de amigos e ciclistas está a realizar o Camiño de Inverno a Santiago. O día 6 de xuño ao mediodía chegaban ao Barco, onde facían unha parada especial na súa zona vella para saudar a outro amigo veciño desta vila. Despois continuaban o seu percorrido pasando por Quiroga para continuar esta ruta ata Compostela.

 

 

Pero o seu traxecto en bicicleta non comezaba moito antes da primeira etapa do Camiño de Inverno. “En Santa Fé (Granada). Aí comeza o Camiño Mozárabe que se une co Camiño da Prata en Mérida. Logo de Mérida continuamos polo Camiño da Prata ata Zamora e dende esta cidade fomos á Bañeza para logo seguir ata Ponferrada polo Camiño Francés desde Astorga. De Ponferrada deixamos o Camiño Francés e tomamos o Camiño de Inverno que nos leva ao Barco de Valdeorras e, xa por Monforte, e Chantada imos a atoparnos co camiño Sanabrés en Lalín para xa entrar en Santiago”.

Fotos cedidas.

 

Back to top button