ConcellosTrivesÚltima hora

Un incendio calcina unha vivenda no municipio da Pobra de Trives

 

Un lume declarado nunha vivenda no concello da Pobra de Trives, mobilizaba aos servizos de emerxencias na madrugada deste sábado 9 de outubro.

Arredor das dúas, a Garda Civil informaba ao 112 Galicia dun incendio nunha casa na parroquia trivesa de Vilanova. Nese momento, un particular tamén se poñía en contacto co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia e engadía que “a vivenda tiña unha planta e que, afortunadamente, non había persoas afectadas”. Con todo, sinalaba que “nas proximidades da casa incendiada había outras que corrían perigo de resultar afectadas polo lume”.

De inmediato, o 112 Galicia pasou o aviso aos servizos sanitarios, ao GES de Castro Caldelas, a Protección Civil de Trives, a Protección Civil de San Xoán de Río e ao Servizo de de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais de Ourense.

Ao remate das súas tarefas, os medios de extinción confirmaron que só se viu afectada polo lume unha vivenda, que ardeu por completo, sengundo informan dende o 112.

Artigos relacionados

Back to top button