A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que entrou en Galicia procedente de Portugal e que afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.
O lume chegou á nosa comunidade contra as 16,00 h. e quedaba extinguido ás 20,49 horas de hoxe. Este lume afectou unhas 5 hectáreas de monte raso, todas elas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Para extinguilo mobilizáronse 1 axente, 4 brigadas, 2 motobombas e 1 helicóptero do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais da Xunta, ademais de medios de Portugal.