ConcellosO BarcoÚltima hora

Un incendio na cheminea dunha casa do Barco mobiliza ao GES Valdeorras

O GES Valdeorras nunha imaxe da arquivo.

 

Ás 18:51h. da tarde deste sábado 13 de febreiro o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) era alertado pola Garda Civil de que se estaba producindo un incendio na cheminea dunha casa unifamiliar da avenida da Deputación do Barco.

De inmediato, os efectivos do GES desprazábanse ata o lugar, onde comprobaban que estaba ardendo a tapa da chimenea da vivenda por acumulación de hollín e interviñan para sofocar o incendio. Ademais refrixeraban ese punto e comprobaban coa cámara térmica a temperatura da cheminea para descartar algún tipo de tapón. A continuación, procedían a ventilar.  A súa intervención finalizaba arredor das oito desta tarde. No lugar tamén se encontraba a Garda Civil.

 

Artigos relacionados

Back to top button