Contra as 11h. deste martes 28 de xaneiro producíase un incendio nos cables de telefonía e luz situados no exterior de dous edificios, entre os números 15 e 17 da rúa da Estación do Barco, en pleno centro da vila. Inicialmente eran os propios veciños, tanto dese portal como de establecementos próximos, os que sofocaban as chamas botando man dunha escaleira e dun extintor.
De inmediato ata o lugar desprazábase a Policía Local e o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Barco. Despois chegaban dous camións do parque comarcal de bombeiros.

Ademais a Policía Local procedía a cortar o acceso á rúa da Estación dende Eulogio Fernández. O operativo dábase por concluído sobre as 11:30h., intre no que tamén se restablecía a circulación pola citada rúa.
Fotos e vídeo: O SIL.



