CulturaCulturaÚltima hora

Un libro de historia valdeorresa que loita contra o cancro infantil

"Valdeorras, o noso tesouro" forma parte dunha campaña solidaria promovida polo Concello do Barco, a AECC e o CCA

 

Por tan só 15 euros é posible adquirir un libro sobre a historia da comarca, “Valdeorras o noso tesouro”, e ao mesmo tempo axudar aos nenos que padecen cancro. Así se amosaba na rolda de prensa que o Concello do Barco, a Asociación Española contra o Cancro de Valdeorras (AECC), O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) e os autores do libro convocaban na mañá do 14 de febreiro. As tres entidades veñen de unirse nunha iniciativa solidaria arredor do libro “Valdeorras o noso tesouro”.

O Concello do Barco, que editaba esta obra xunto coa Deputación de Ourense, dispoña dunha serie de exemplares en depósito que decidiu doar á AECC para que, en colaboración con librerías do CCA, os poña á venda a un prezo de 15 euros. O recaudado irá a beneficio das familias de Valdeorras con nenos que padezan cancro.

O libro poderá adquirirse en librerías barquenses como Caprichos, Yoli, Murciego e Praxis.

 

Artigos relacionados

Back to top button