CulturaCulturaÚltima hora

Un libro para descubrir a minería de ouro romana galega

“Oro en la Galicia interior. Minería romana” fai un percorrido polos principais xacementos auríferos
Portada do libro./ Foto: Carlos G. Hervella
Portada do libro./ Foto: Carlos G. Hervella

Dous mil anos atrás a conca de ríos como o Sil, o Lor, o Bibei ou o Camba estaba sementada de minas. Unha explotación a gran a escala, considerada polos expertos como a primeira “industrialización” de Galicia, para facerse cun metal especialmente prezado polo Imperio romano: o ouro.

Ese intenso labor extractivo, que se prolongou ao longo de case tres séculos, mudou para sempre a paisaxe de comarcas como Valdeorras, Quiroga (Lugo), O Carballiño ou O Bierzo, xa na veciña provincia de León e deixou innumerables restos de gran valor cultural e arqueolóxico, pero, na maior parte dos casos descoñecidos. En torno a este rico patrimonio romano xira o libro “Oro en la Galicia Interior. Minería romana”, que vén de publicar a finais de xullo a empresa valdeorresa GARHERVE, SL.

Maquetación 1

Trátase dun traballo de 88 páxinas (todas a cor), que se ilustran con multitude de fotografías e mapas de localización dos diversos xacementos auríferos. Este volume, que xa está a venda en quioscos e librerías de Galicia e tamén da provincia de León a un prezo de 10 euros.

pax1

pax2

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button