ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Un manto branco cobre a paisaxe de Cabeza de Manzaneda

Anunciaban baixada de temperaturas e neve a 800 metros na montaña ourensá e unha vez máis cumpríanse as previsións. Malia amanecer con certa tranquilidade o tempo íase complicando ao longo da xornada do 7 de novembro con fortes nevadas nas zonas máis altas do oriente ourensán.

Nesta galería de imaxes podemos ver o aspecto que ofrecía Cabeza de Manzaneda (ata a área de descanso), cun fermoso manto branco cubrindo campos e árbores, mentres caía a neve e baixaba a néboa.

 

Fotos: Teodoro Suárez.

Artigos relacionados

Back to top button