DeportesEspecial Cristo 2016Última hora

Un mitin obriga a cambiar o escenario da homenaxe do 50 Descenso do Sil

En lugar de no Teatro Lauro Olmo, será o venres día 9 na praia fluvial do Malecón ás 21h.
Imaxe da presentación, hai xa unha semana, dos actos conmemorativos do 50 Descenso do Sil. Foto: Sara Fontenla.
Imaxe da presentación, hai xa unha semana, dos actos conmemorativos do 50 Descenso do Sil. Foto: Sara Fontenla.

No último momento, e debido a un mitin electoral do PP, o Concello do Barco viuse obrigado a cambiar o lugar e a hora dos actos conmemorativos do 50 aniversario do Descenso Internacional do Sil. Así en lugar de no Teatro Lauro Olmo, esta celebración trasladarase ao aire libre, á praia fluvial do Malecón. O evento comezará ás 21h. do 9 de setembro coa presentación do video “50 anos do Descenso do Sil”, que recolle a historia desta relevante proba deportiva dende o seu nacemento, no ano 1966, ata a actualidade.

“Tamén se farán homenaxes especiais a persoas que foron significativas para este importante evento deportivo e inaugurarase unha exposición de cartaces titulada “Descenso do Sil, 50 anos”. Trátase dunha lona de grandes dimensións na que se recollen todos os cartaces arquivados deste evento, e que permanecerá exposta na fachada do Teatro Lauro Olmo durante as Festas do Cristo”, segundo se adianta dende a Concellería de Deportes do Barco.

Asemade está prevista unha xuntanza de piragüistas barquenses que teñen competido no Descenso do Sil ao longo da súa traxectoria coa “intención de intentar reunir a tódalas xeracións posibles en torno a este evento”, adiantan explican dende a organización.

Artigos relacionados

Back to top button