ConcellosÚltima horaVerín

Un móbil en carga provoca un incendio nunha vivenda en Verín

 

Na tarde do venres 6 de outubro os Bombeiros de Verín extinguían un incendio nunha vivenda a causa dun teléfono móbil que se atopaba en carga.

Tal como informan dende o 112 Galicia era a moradora da vivenda quen chamaba, en torno ás 19:30 horas para solicitar medios de extinción. Durante a súa comunicación cos xestores de emerxencia, indicaba que “ardía a cama da súa habitación, localizada nun inmoble na Praza García Barbón, no concello ourensán de Verín”.

De inmediato, desde o 112 solicitaban a intervención dos membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendio e Salvamento de Verín. Ademais, pasaban aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por se nalgún momento fose necesaria a súa actuación. O operativo foi completado polos axentes da Garda Civil e tamén se poñía a situación en coñecemento dos efectivos da Policía e Protección Civil da localidade.

“Ao rematar a intervención, o equipo de extinción indicou que a habitación na que se iniciaron as lapas foi a máis prexudicada polo incendio. Como consecuencia, a cociña e o salón da vivenda remataron afectados polo fume e o piso quedou inhabitable pero, fortunadamente, ninguén resultou ferido”, explican dende o 112, confirmando que “segundo a información facilitada polos bombeiros, o incidente foi causado por un dispositivo de telefonía móbil que estaba cargando enriba dunha mesa auxiliar”.

Artigos relacionados

Back to top button