CulturaCulturaÚltima hora

Un mural homenaxea a Florencio Delgado Gurriarán na rúa barquense que leva o seu nome

 

Practicamente rematado está xa o mural no que o artista vilamartinés Pedro Álvarez, coñecido como OrdeCaos, leva traballando nas últimas semanas e no que homenaxea, unha vez máis, ao poeta corgomés Florencio Delgado Gurriarán ao que se lle dedicaban este ano as Letras Galegas.

Aínda non se retiraron os andamios, pero este mural, de grandes dimensións situado na rúa Florencio Delgado Gurriarán do Barco, na zona das Casas Baratas, inclúe a imaxe do poeta e tamén, noutro plano, a da súa man tecleando sobre unha máquina de escribir. Non é o primeiro mural sobre este autor que OrdeCaos asina no Barco. Hai uns meses realizaba outro nas instalacións do CEIP Julio Gurriarán.

Desta volta, esta obra está en plena rúa e na parte lateral e moi vistosa dun edificio que dá a un parque, así que poderá ser desfrutado pola veciñanza e visitantes.

Artigos relacionados

Back to top button