O IES Carlos Casares de Viana do Bolo vén de recibir unha mención de honra no recén fallado Premio ‘Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2024’ da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Xunta.
O proxecto valorado na categoría B, ‘Inclusión, ferramenta de construción social’ é un musical que conta a historia do centro e do seu traballo a favor da inclusión e a convivencia positiva, que se desenvolvía durante o curso pasado grazas á colaboración de dez docentes e preto de cen alumnas e alumnos.
Este galardón, ademais de dito recoñecemento, conleva un premio económico de 500 euros para a comunidade educativa do IES Carlos Casares.