CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Un Nadal con arte no Centro Cultural Avenida da Rúa

José Luis Prieto 'Lilí' expón unha colección de cadros de artistas de rock

 

José Luis Prieto ‘Lilí’ é un artista valdeorrés polifacético. Igual pinta un mural que transforma obxectos, fai esculturas, pinta mobles ou casas, dándolle sempre un toque artístico, adaptándose á situación e ao entorno. Tamén pinta cadros e unha mostra témola neste Nadal na Rúa.

Deden hoxe e ata pasadas as festas (8 de xaneiro de 2023) permanece exposta na entrada do Centro Cultural Avenida parte da súa obra pictórica. Trátase dunha colección de dez retratos de artistas que Prieto fixo por encargo para un bar. “A xente xa os ten visto e fixéronme encargos, un deles é o de Yosi de Los Suaves de Ourense que é un dos que máis chama a atención, así como Lola Flores, a única que non é artista de rock”, explica o propio artista, recoñecendo que faltan moitos.

 

 

Con respecto á técnica, trátase de pintura plástica despois de facer o esbozo. “Primeiro fago o debuxo e despois xa o pinto, de forma que cada un dá a orientación do que tes que facer, algún como o de Jim Morrison, cantante de The Doors, deixeino sen pintar para darlle un toque diferente”, puntualiza o artista.

A exposición poderá verse nas fins de semana a partir das cinco da tarde, coincidindo coa programación de cinema e a diario “de oito a dez tamén estará aberto”, adianta o concelleiro de Cultura da Rúa, José Vicente Solarat.

Artigos relacionados

Back to top button