Na tarde do martes 15 de agsoto un neno tiña que ser evacuado ao hospital tras caer dun muro na localidade ourensá de San Cibrao das Viñas, tal como informan dende o 112 Galicia, explicando que ata o punto desprazouse o helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que sería finalmente trasladado en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario.
Os feitos tiña lugara pasadas as 19:30 horas, cando un particular contactaba co 112 Galicia para comunicarlles que “un neno acababa de lesionarse unha perna tras caer dun muro no lugar de Pazos, en Soutopenedo” Aínda que permanecía liberado e accesible, precisaba asistencia sanitaria de urxencia polo que os xestores do 112 Galicia activaron un operativo que contou coa participación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Garda Civil.