ConcellosÚltima hora

Un obradoiro de “autodefensa feminista” e un coloquio, entre os actos do 25N no Barco

 

Dentro dos actos que a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Barco organizará para conmemorar o 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero, figura un “Obradoiro de autodefensa feminista”, que está previsto para o venres 22 de novembro.

Está dirixido a mulleres de 18 a 55 anos, anos, e impartirase entre as 16:00 e as 18:00 horas no terceiro andar do edificio da bilblioteca. Logo haberá outra sesión para maiores de 55 anos, de 18:30h. a 20:30h. Será impartido pola mestra de karate Rebecca Porcar. As inscricións están abertas ata o 18 de novembro no Concello Vello.

Por outra banda, para o sábado 23 de novembro ás 11:30h. na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán está prevista a charla-coloquio “Ler o mundo en negro: literatura galega e feminismos”, da man de María Reimóndez, escritora e activista galega. A entrada é libre ata completar aforo.

 

Artigos relacionados

Back to top button