Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Un obradoiro de cociña infantil abre a 3ª Semana da Lactación Materna do Barco

Desenvolvíase na tarde do 4 de outubro e era impartido por Trasmaio no segundo andar da Casa da Xuventude

Coas mans na masa, literalmente, comezaba na tarde do 4 de outubro o obradoiro infantil de cociña que inauguraba a terceira edición da Semana da Lactación Materna do Barco de Valdeorras. Unha vintena de cativos (entre 3 e 12 anos), seguidos de preto polos seus pais e nais no segundo andar da Casa da Xuventude barquense, desmenuzaban un biscoito que se convertía no primeiro ingrediente da receita de cake-pops que logo elaborarían. Pouco a pouco, íanse incorporando o resto dos cinco ingredientes deste doce, seguindo as indicacións dos membros de Trasmaio.

Ao final, ademais do doce feito por cada un, os participantes recibían un diploma do obradoiro e tamén as indicacións da sobremesa elaborada. O programa desta 3ª Semana da Lactación Materna, que organiza “De Nai a Nai. Grupo de Apoio á lactancia e crianza con apego”, continuará o mércores 7 de outubro ás 17:30h. coa charla entre nais “Compaxinar lactancia e traballo” no local da asociación.

Fotos: Ángeles Rodríguez
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button