ConcellosO BarcoÚltima hora

Un operativo dunhas 90 persoas velaba pola seguridade no LIV Descenso do Sil

O concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso, destaca que "se fixo un dos descenos máis completos a nivel de organización e seguridade"

 

A seguridade é unha das cuestións nas que, un ano máis, vén facendo fincapé a organización do Descenso do Sil. Así nesta 54ª edición un operativo de 90 persoas velaba para que os padexeiros puideran competir en condicións totalmente seguras nesta proba.

Dese operativo formaban parte 24 efectivos de Salvamento Acuático, 30 voluntarios de Agrupacións de Proteccións Civil (O Barco, O Bolo, Viana do Bolo, Manzaneda, Vilamartín, A Rúa, Petín, Trives e Ourense), a Garda Civil de Montaña, a Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil, a Garda Civil, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local do Barco, a Unidade de Drons do Axega e Ambulancias Sil (con 4 UVIs móbiles e 2 vehículos de rescate).

 

Cedida.

 

“Creo que se fixo un dos descensos máis completos a nivel de organización, de seguridade, de todo o que é a preparación de todos os ámbitos, de saídas dos deportistas, de vías de escape, de rescates, de medios… Nunca se conseguiu o que tivemos este ano, unhas 90 persoas dedicadas exclusivamente á seguridade, con drons, con xeolocalización dos participantes… Houbo moitos barcos volcados, pero todo o mundo chegou”, destacaba o concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso, ao remate da proba, agradecendo a colaboración de todos eses efectivos nesta proba.

Fotos: Carlos G. Hervella/ A.R/ cedidas as 8 últimas imaxes da galería.

Artigos relacionados

Back to top button