EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Un paseo de sabores e texturas no Malecón do Barco

Abre as súas portas o V Salón Gastronómico dos Produtos de Excelencia da Eurorrexión

Dende doces como o marrón glacé, a bica de Trives ou os pasteliños de Belén, pasando por godellos e mencías valdeorreses e ata saborosas marmeladas, empanadas, queixos e aceite de oliva. O Malecón do Barco converterase ao longo dos días 3 e 4 de setembro nunha fiestra aos sabores dos produtos de calidade duns 16 elaboradores de Galicia e do norte de Portugal. Poderán degustarse e mercarse no marco do V Salón Gastronómico dos Produtos de Excelencia da Eurorrexión, que organiza o Concello do Barco.

A mostra inaugurábase no mediodía do 3 de setembro cun acto no que interviña a concelleira de Comercio, Turismo e Promoción Económica do Barco, Irene Dacal, quen agradecía a presenza dos expositores participantes e destacaba a gran variedade e calidade de produtos que poden atoparse na mostra, animando tamén aos veciños e visitantes a achegarse ata ela.

Fotos: Ángeles Rodríguez.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button