Na tarde deste venres 26 de xullo producíase un pequeno incendio en Vilamartín de Valdeorras, a carón da N-120 que mobilizaba aos servizos de emerxencia.
Pouco antes das 16 horas, achegábanse ata o punto ardido, nunha zona axardinada entre a estrada e a vila, os bombeiros forestais, seguidos dos do parque da Rúa, do GES Valdeorras que apagaban o lume, posiblemente provocado por unha cabicha, sen que tivera maiores consecuencias.
Ata o lugar acudía tamén Protección Civil de Vilamartín.
Fotos cedidas.