A RúaConcellosÚltima hora

Un pequeno incendio mobiliza aos servizos de emerxencia na Rúa

 

Un bo susto levaron na Rúa na mañá deste sábado 23 de decembro. Pasadas as sete e media os veciños dun edificio da rúa San Antón, saían do inmoble ante a gran cantidade de fume que había tanto no portal como polas escaleiras.

Unha vez na rúa descubrían que o fume saída dun edificio da rúa Colombia, onde se provocara un pequeno incendio nun terreo. Foi pouca cousa, tal como indican dende a Garda Civil, pero o vento levaba o fume cara o edificio de enfronte.

Ata o lugar dos feitos achegábanse o GES Valdeorras, os bombeiros e a Garda Civil, entre outros.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button